Chernivtsi está considerada como un dos principais centros culturais de Ucraína occidental. A cidade tamén é un dos sitios educativos e arquitectónicos máis importantes de Ucraína. Historicamente, Chernivtsi foi unha comunidade cosmopolita por veces alcumada a "pequena Viena"[3][4] ou o "Xerusalén sobre o Prut". A cidade é un importante centro rexional de transporte ferroviario e por estrada, que tamén acolle un aeroportointernacional.
Segundo o último censo de 2001, a poboación de Chernivtsi era de aproximadamente 240600 persoas e acollía 65 nacionalidades.[2] Delas, 189000 (79,8%) eran ucraínos; 26700 (11,3%) rusos; 10500 (4,4%) romaneses; 3800 (1,6%) moldovos; 1400 (0,6%) polacos; 1300 (0,6%) xudeus e 2900 (1,2%) doutras nacionalidades.[8]
↑Zhytariuk, Natalia (2 de novembro de 2004). "Bukovyna Week in Austria". Den. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2005. Consultado o 26 de setembro de 2007.