Madhya Pradesh
| Madhya Pradesh | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||
Madhya Pradesh (en hindi: मध्य प्रदेश ; literalmente ' Provincia Central') é un Estado do centro da India. A súa capital é Bhopal, e a súa maior cidade é Indore, con Jabalpur e Gwalior as outras grandes cidades.
Xeografía, historia e demografía
[editar | editar a fonte](Véxase tamén Historia da India)
Madhya Pradesh é o segundo Estado indio máis grande por área e o quinto por poboación con máis de 72 millóns de habitantes. Limita cos Estados de Uttar Pradesh ao nordeste, Chhattisgarh ao leste, Maharashtra ao sur, Gujarat ao oeste e Rajasthan ao noroeste.[1]
A área cuberta polo actual Madhya Pradesh inclúe a zona do antigo Avanti Mahajanapada, cuxa capital Ujjain (tamén coñecida como Avantika) xurdiu como cidade importante durante a segunda onda de urbanización do subcontinente indio no século VI a. C.
Posteriormente, a rexión foi gobernada polas principais dinastías da India. O Imperio Maratha dominou a maior parte do século XVIII. Despois da Terceira guerra anglo-maratha no século XIX, a rexión dividiuse en varios estados principescos baixo os británicos e incorporouse ás provincias centrais e Berar e á Axencia da India Central. Algúns anos despois da independencia da India, as provincias centrais e Berar foron rebautizadas como Madhya Pradesh con Nagpur como capital: este Estado incluía as partes do sur do actual Madhya Pradesh e a parte nordeste do actual Maharashtra. En 1956, este Estado reorganizouse e as súas partes combináronse cos Estados de Madhya Bharat, Vindhya Pradesh e Bhopal para formar o novo estado de Madhya Pradesh, a rexión de Vidarbha de fala marathi foi eliminada e fusionouse co Estado de Bombai (hoxe capital de Maharashtra). Este Estado foi o máis extenso da India até o 2000, cando a súa rexión do sueste de Chhattisgarh foi designada como Estado separado.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía de Madhya Pradesh é a décima máis grande da India, cun produto interior bruto estatal (PIB) de ₹ 9,17 billóns e ten a 26ª renda per cápita máis alta do país de ₹ 109372. Madhya Pradesh ocupa o posto 23 entre os Estados indios no índice de desenvolvemento humano. [2] Rico en recursos minerais, Madhya Pradesh ten as maiores reservas de diamante e cobre da India. O 25,14% da súa superficie está baixo cuberta forestal.[3] A súa industria turística experimentou un crecemento considerable, co Estado encabezando os Premios Nacionais de Turismo en 2010-11.[4] Aínda que segue a ser un dos Estados menos desenvolvidos da India, nos últimos anos, o crecemento do PIB do Estado foi superior á media do conxunto da India,[5] rexistrando en 2019-20, un crecemento do PIB do 9.07%.[6]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Templos
[editar | editar a fonte]- Pintura rupestre mesolítica, abrigos rupestres de Bhimbetka, Patrimonio da Humanidade da UNESCO
- Templo Kandariya Mahadeva, Khajuraho
- Complexo do templo de Bateshwar, Padavli, Morena
- Templo Chausath Yogini, Mitavli, Morena
- Templos de Sahasra Bahu, forte de Gwalior
- Teli ka Mandir, forte de Gwalior
- Templo de Shiva en Bhojpur
- Templo de Lakshmi, Orchha
- Estatua de Brahma con varias deidades en Amarkantak .
- Forte de Gwalior, Gwalior
- Forte de Gwalior
- Templo Maa Chamunda Mata, Tekri Dewas
- Templo Mahakaleshwar Ujjain
- Maheshwar Ghats and Fort, Maheshwar, Khargone
- Templo de Omkareshwar, Khandwa
Fauna
[editar | editar a fonte]- Mono Langur (Semnopithecus dussumieri), Orchha
- Tigresa con crías na reserva de tigres de Kanha
- Papamoscas azul de Tickell, Parque Nacional Bandhavgarh
- Voitres no niño, Orchha
- Nilgais machos loitando, Lakeshwari, distrito de Gwalior
Símbolos estatais de Madhya Pradesh
[editar | editar a fonte]| Título | Símbolo | Imaxe |
|---|---|---|
| Animal terrestre do Estado | Barasingha[7] ( Rucervus duvaucelii ) | |
| Ave do Estado | Papamoscas do paraíso indio (Terpsiphone paradisi) [8] | |
| Árbore do Estado | Banyan (ficus bengalensis) [9] | |
| Peixe do Estado | Mahasheer (Tor tor) [8] | |
| Flor do Estado | Lirio azucena Madonna (Lilium candidum) [10] |

Deportes
[editar | editar a fonte]En 2013, o goberno estatal declarou a mallakhamba (malkhamb) como deporte estatal.[11]

O cricket, o kabaddi, o hóckey, o fútbol, o baloncesto, o voleibol, o ciclismo, a natación, o bádminton e o tenis de mesa son os deportes máis populares no Estado.
Os xogos tradicionais como kho kho, gilli danda, sitaliya, kanche e langdi son populares nas zonas rurais.
O snooker, xeralmente considerado como inventado en Jabalpur por oficiais do exército británico, é popular en moitos dos países de fala inglesa e da Commonwealth, cos mellores xogadores profesionais que obteñen ingresos de varios millóns de euros co xogo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "madhyapradesh" (PDF). fsi.nic.in.
- ↑ "Ecowrap" (PDF). www.sbi.co.in ; documents.
- ↑ "isfr-2019 Vol. II. Madhya Pradesh" (PDF). fsi.nic.in.
- ↑ "Madhya Pradesh topped the National Tourism Awards 2010-11". Jagranjosh.com (en inglés). 2012-03-01. Consultado o 2024-10-30.
- ↑ Thakur, Pradeep (2013-03-30). "Madhya Pradesh topples Bihar, new No 1 in economic growth". The Economic Times. ISSN 0013-0389. Consultado o 2024-10-30.
- ↑ "Madhya-Pradesh-presentation". ibef.org.
- ↑ "Know India: National Portal of India". knowindia.india.gov.in. Consultado o 2024-10-30.
- 1 2 "Symbol". mpsbb.nic.in; Madhya Pradesh State Biodiversity Board. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2016. Consultado o 30 de outubro de 2024.
- ↑ "Madhya Pradesh' State Tree" (PDF).
- ↑ "State-Animals-Birds-Trees-Flowers-of-India". frienvis.nic.in.
- ↑ "State sport status to malkhamb". The Times of India. 2013-05-11. ISSN 0971-8257. Consultado o 2024-10-31.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: India |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
